PRESENTACIÓN
O LOMG é un centro, integrado na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, cunha gran capacidade tanto en recursos técnicos como humanos, que apoia con carácter horizontal ao tecido industrial en actividades relacionadas coa medida, a través dunha ampla carteira de servizos tecnolóxicos.
Os principais servizos prestados son os seguintes:
- Servizos de calibración
- Servizos de medida
- Servizos de ensaio
- Servizos de control metrolóxico do Estado de determinados instrumentos.
- Servizos de asesoramento e formación
O LOMG realiza as súas actividades nos seguintes campos:
METROLOXÍA INDUSTRIAL: encadrada dentro do ámbito “voluntario” da Metroloxía, e vinculada directamente na maior parte dos casos ós requerimentos dos sistemas de calidade implantados... [Ler máis]
METROLOXÍA LEGAL: Encadrada dentro do ámbito “obrigatorio” da Metroloxía, e vinculada directamente ós instrumentos de medición e ós métodos de medición, no que concerne ás esixencias técnicas e xurídicas... [Ler máis]
I+D+i EN METROLOXÍA: o centro colabora de forma importante en todo o desenvolvemento dun proceso innovador no eido da metroloxía... [Ler máis]