Metroloxía Legal

Encadrada dentro do ámbito “obrigatorio” da Metroloxía, e vinculada directamente ós instrumentos de medición e ós métodos de medición, no que concerne ás esixencias técnicas e xurídicas, de obrigado cumprimento por parte dos fabricantes, importadores, comercializadores, reparadores e propietarios de instrumentos de medida, que teñen como fin asegurar a garantía pública dende o punto de vista da defensa da seguridade, da protección da saúde e dos intereses económicos dos consumidores e usuarios.

Neste campo cabe subliñar que o LOMG vén desenvolvendo na Comunidade Autónoma de Galicia actuacións de control metrolóxico sobre distintos instrumentos de medida (opacímetros, analizadores de gases, cinemómetros, etilómetros e sonómetros). Asimesmo actúa como soporte técnico da Administración Autonómica para atender ás reclamacións presentadas ante esta, no caso de contadores de auga, electricidade e gas.

Imprimir
Parque Tecnológico de Galicia | San Cibrao das Viñas | 32900 Ourense
Tel: 988 368 124 | Fax: 988 368 125
lomg@lomg.net