Metroloxía Industrial

Encadrada dentro do ámbito “voluntario” da Metroloxía, e vinculada directamente na maior parte dos casos ós requerimentos dos sistemas de calidade implantados nas empresas que supoñen contar con instrumentos de medida trazables en todo momento ós patróns nacionais, ocupándose por tanto das medicións, calibracións e rutas de trazabilidade dos instrumentos de medición utilizados no mercado, das informacións sobre técnicas idóneas de medición e sobre aseguramento da calidade das medicións efectuadas pola empresa en calquera punto do seu proceso productivo.

O LOMG conta con acreditacións da Entidad Nacional de Acreditación (ENAC) segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2005 nas seguintes áreas:

  • Electricidade, Corrente Continua e Baixa Frecuencia
  • Fluídos - Presión e Baleiro
  • Fluídos – Densidade e Volume
  • Mecánica – Masa
  • Mecánica – Forza e Par de Torsión
  • Dimensional
  • Temperatura e Humidade Relativa
  • Química - Concentración de Gases
  • Acústica
  • Óptica
  • Tempo e Frecuencia
  • Ensaios de Contadores de Auga e Gas

Estas acreditacións representan o recoñecemento da competencia técnica do LOMG, así como dos seus traballos, e a súa validez en calquera dos países asinantes do Acordo Multilateral de Recoñecemento Mutuo (EA); e a amplitude de áreas de traballo fai do LOMG un dos laboratorios de maior capacidade a nivel nacional.

Imprimir
Parque Tecnológico de Galicia | San Cibrao das Viñas | 32900 Ourense
Tel: 988 368 124 | Fax: 988 368 125
lomg@lomg.net