O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia comeza un proxecto destiñado a verificar os cinemómetros de tráfico mediante a axuda de tecnoloxía GPS
O pasado 31 de Xaneiro de 2008 celebrouse nas instalacións do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia unha reunión co obxectivo de comezar as actividades do proxecto “Sistema para a verificación de cinemómetros de tráfico baseado en tecnoloxía GPS”. A ela acudiron representantes do propio Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia e representantes da empresa Noventia Ingenieros. Tamén colabora neste proxecto o grupo de investigación Sonitum da Universidade de Vigo.
Este proxecto está financiado mediante os programas sectoriais de investigación aplicada da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, dentro do programa sectorial de Tecnoloxías da Información e Comunicacións. Nos vindeiros dous anos o investimento rondará os 120.000€.
O obxectivo do proxecto é a verificación dos cinemómetros de tráfico. Para elo efectuaranse comparacións entre as medicións reflectidas polos cinemómetros e as medicións de velocidade, efectuadas mediante tecnoloxía GPS.