Noticias

O LOMG obtén a primeira acreditación para caracterizar instalacións de tratamento térmico da madeira

Revista "Actualidad de la acreditación" editada por ENAC. - martes, 03 de maio de 2011

Recentemente concedéuselle ó Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) a primeira acreditación para caracterizar as instalacións de tratamento térmico da madeira a fin de comprobar que ditas instalacións somenten as madeiras tratadas ás condicións requeridas

A normativa internacional adoptada pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) para reducir o risco de introducción e diseminación de plagas, insectos ou parásitos que poida conter a madeira procedente de outros países establece, entre os requisitos aplicables, que os embalaxes de madeira conten cun certificado do seu tratamento (térmico ou químico) de desinfección. Os países asinantes desta normativa teñen dereito a denegar a entrada nas súas fronteiras ás mercancías en palets, caixas o embalaxes de madeira que non foran tratados, marcados e certificados de conformidade cos seus regulamentos. Esta normativa vense de incorporar tanto á lexislación Comunitaria como á Española.

Recentemente concedéuselle ó Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, (LOMG) a primeira acreditación para caracterizar as instalacións de tratamento térmico da madeira a fin de comprobar que ditas instalacións somenten as madeiras tratadas ás condicións requeridas.

Esta nova acreditación foi incorporada ó expediente 77/LC158 correspondente á área de Temperatura e Humidade Relativa e permitiu ó LOMG a realización, durante o segundo trimestre deste ano, de diversos ensaios sobre instalacións de tratamento térmico da madeira para unha importante empresa do sector madereiro de Galicia. 

Volver Imprimir
Parque Tecnológico de Galicia | San Cibrao das Viñas | 32900 Ourense
Tel: 988 368 124 | Fax: 988 368 125
lomg@lomg.net