O LOMG traballa na implantación dun sistema de firma electrónica
LOMG - venres, 09 de setembro de 2011
Recentemente, o LOMG ven de iniciar un proxecto interno que ten como obxectivo a modernización do seu sistema de emisión de certificados/informes de calibración/ensaio incorporando unha solución de sinatura electrónica, cuxa finalidade é a sustitución dos actuais certificados/informes emitidos en papel e con sinatura manuscrita, por documentos en formato PDF e sinatura electrónica.