Procesos selectivos

Convocatoria selectiva para cubrir, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, un (1) posto de traballo.

LOMG - venres, 02 de febreiro de 2007

Proxecto: “IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE XESTIÓN DA METROLOXÍA LEGAL NO LOMG”.

A Fundación para o fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia precisa cubrir con carácter temporal UN POSTO DE TRABALLO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO para apoio ás labores administrativas de implantación do sistema de xestión da metroloxía legal a desenvolver polo Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) en toda a comunidade autónoma.

A actividade a desenvolver polo auxiliar consistirá en:

  • Xestión administrativa.
  • Asistencia en xestión económica.
  • Asistencia en comunicación con clientes / usuarios.
  • Asistencia na xestión de persoal.
  • Todas aquelas tarefas que, dentro da súa categoría, lle encomende o director do centro.

O prazo de presentación será de 10 (dez) días naturais contados a partir do día seguinte a publicación da presente convocatoria en prensa ( El Correo Gallego: 01-02-2007).

BASES DA CONVOCATORIA

Volver Imprimir
Parque Tecnológico de Galicia | San Cibrao das Viñas | 32900 Ourense
Tel: 988 368 124 | Fax: 988 368 125
lomg@lomg.net